martes, 20 de abril de 2021

ENTREVISTA A UNHA PEREGRINA EN INGLES

Despois de moito investigar descubrimos que outra das nosas profesoras fixo o camiño de Santiago, esta profe e moi especial pois é a nosa auxiliar de conversa, e a única profe que solo nos fala en inglés. Pois como somos moi atrevidos decidimos facerlle unha entrevista sobre a sua peregrinaxe polo camiño, sendo este o resultado:




Fotos do momento da entrevista:





SEMANA ESCOLAR DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO

Esta semana dende o Equipo de Coordinación dos Camiños de Santiago chegou o noso centro a posibilidade de participar nunha actividade na que nós por suposto nos anotamos. Esta actividade parte da lectura de un conto titulado o que Sucedeu no Camiño Primitivo do cal levaremos a cabo unha serie de actividades propostas na semana do 26 ao 30 de abril, ainda non sabemos en que consistira pero nós somos moi aventureiros e subimonos a esta aventura sin pensalo.


Xa nos chegou o libro e sen maís dilación comezamos a lelo no ratiño que temos de lectura silenciosa.





domingo, 18 de abril de 2021

DESCUBRINDO O TRAZADO DO CAMIÑO DE INVERNO

 Como ven sabes despois da actividade anterior encomendaronnos o reto de elaborar o trazado do Camiño de Inverno facendo un plano similar os anteriores, tendo que investigar por que localidades pasa, fotos, videos, entrevistas a peregrinos, gastronomía....

Mira como vai o comezo da nosa investigación:




Despois de moito investigar o trazado maís completo foi seleccionado de entre todos polos mestres do colexio resultando gañador o seguinte:





O CAMIÑO FRANCES VIRTUAL

Despois de un leve descanso por mor das vacacións da Semana Santa arrancamos co noso Proxecto con unha actividade moi interesante, o percorrido do Camiño Francés de xeito virtual, como na nosa aula o proxector e máis pequeno trasladamonos a biblioteca e desde alí empregando códigos QR levamos a cabo o coñecemento do Camiño Francés observando fotos, vídeos, escoitando entrevistas... e todo elo para aprender e despois poder facer nós o mesmo co percorrido do Camiño de Inverno.

Mira que atentos estabamos na actividade:










O libro por sí che interesa era o seguinte:










HÁBITOS DAS TENCOLOXÍAS DIXITAIS DO ALUMNADO DE PRIMARIA DO CEIP PLURILINGÜE JULIO GURRIARÁN

Como membro do equipo docente deseñei unha enquisa para saber os hábitos sobre o uso e coñecemento sobre as tecnoloxías dixitais entre o alu...