domingo, 14 de marzo de 2021

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA

Como ven sabes querido diario investigando a historia do Camiño e seguindo o percorrido que fixo Santiago por Galicia ata chegar a Santiago, dende que chegou na sua barca polo rio Ulla, pasou por unha localidade na que fixemos un alto no noso percorrido, esa localidade e Padrón. O noso mestre fixonos pescudar quen se relacionaba con Padrón moi importante en Galicia, co resultado de Rosalia de Castro.

 

Comezamos a actividade:

"Como ben sabedes, cada ano, o 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, a escritora galega máis representativa da nosa literatura, en permanente actualidade e cuxa obra transcende as fronteiras universais.

 Dende o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa queremos rendir homenaxe a esta magnífica escritora, por iso, durante esta semana levaremos a cabo unha serie de actividades que xirarán en torno á súa figura. Seguro que ao longo de cursos anteriores xa celebrastedes o Día de Rosalía e aprendestedes moitas cousas sobre a autora, por iso, antes de comezar…o que xa sabes tes que demostrar!

 Para levar a cabo esta actividade tan so precisas un ordenador con conexión a internet que che permita acceder ao seguinte enlace para dar resposta as preguntas que se che plantexan.

https://create.kahoot.it/details/c7788eac-e423-406a-bdbc-9adc8ebdc8c0

Unha vez realizada a actividade… considéraste un experto rosaliano? 

Si algunhas cousas non conseguiches lembrar, non te preocupes, que durante os vindeiros días as imos repasar! "

Comezamos por estudar donde viviu, a sua vida, as principais obras, ata nos aventuramos a facer a Ruta Rosaliana: https://www.rutarosaliana.gal/es/

Sabendo todo esto crees que a Catedral de Santiago formou parte da obra de Rosalía de Castro? Unha pista aparecía na web das pegadas de Rosalía:

 https://www.rutarosaliana.gal/es/huellas-vida-de-rosalia-en-compostela/ 

Busca con coidado e atoparala de contado! Á Catedral de Santiago homenaxear, na obra de Rosalía non podía faltar! Fomos moi rápidos e atopamos de contado o poema, o cal plasmamos en un mural.

Todo o noso traballo queda plasmado a continuación:



Non rematamos non, ainda tiñamos maís: Despois de repasar e algo novo aprender co seguinte cuestionario tes que te atrever!! Accede ao seguinte enlace web e contesta as preguntas que se che van plantexando.

  https://view.genial.ly/60224e453a679b0cf2d8ba2e/interactive-content-quen-quere-sermillonario

Pero aínda nos quedaba o mellor para o final, un Scape Room o cal é un xogo de aventura físico e mental que consiste en encerrar a un grupo de xogadores nunha habitación, onde deberán solucionar enigmas e crebacabezas de todo tipo para ir desenlazando unha historia e conseguir escapar antes de que finalice o tempo dispoñible, mirade que apaixoante.

https://view.genial.ly/6016977d22eaac0d7191f9a4/game-descubrindo-a-rosalia-de-castro


Ningún comentario:

Publicar un comentario

HÁBITOS DAS TENCOLOXÍAS DIXITAIS DO ALUMNADO DE PRIMARIA DO CEIP PLURILINGÜE JULIO GURRIARÁN

Como membro do equipo docente deseñei unha enquisa para saber os hábitos sobre o uso e coñecemento sobre as tecnoloxías dixitais entre o alu...