Seguimos no noso proxecto e tivemos que poñernos todos
dacordo para crear este blogue, porlle un nome e facer un logo representativo.
Para elo comezamos investigando que Tips son necesarios para crear un blogue.
A nosa actividade era a seguinte:
Unha
vez liches os “tips” para crear un blogue terás que pensar nun título para o
mesmo que cumpla cos requisitos expostos (que sexa curto, fácil de recordar,
que esté relacionado neste caso co Camiño de Santiago e a ruta do Camiño de
Inverno, que soe interesante…) así como tamén terás que diseñar un logo que
acompañará ao título e que será a imaxe representativa do teu traballo.
O que ten imaxinación, con facilidade saca da nada un mundo. Deixa á túa imaxinación voar e algo fascinante has de crear.
O rematar a actividade , fixemos unha exposición,
na que mediante unha votación cada un de nós escolleu o nome para o blogue e o
logo que lle parecía mais interesante. A
verdade é que estivo moi igualado pero finalmente eleximos:
TITULO DO BLOGUE:
LOGO:
Ningún comentario:
Publicar un comentario