sábado, 13 de marzo de 2021

O CAMIÑO NA IDADE MEDIA

 

Investigando as Peregrinacións levounos a estudar a IDADE MEDIA, levando a cabo todo un encrucillado que soubemos resolver grazas a nosa ardua investigación.

Comezamos:

O comezo da Idade Media Tras a decadencia do Imperio romano Hispania foi invadida por pobos germánicos ( alanos, vándalos, suevos e visigodos) procedentes do centro e do norte de Europa. Os romanos chamaban a estes pobos bárbaros, porque procedían de fóra das súas fronteiras. Só os suevos e os visigodos crearon reinos que perduraron no tempo. A Idade Media iníciase coa derrota do último emperador romano e a conquista de Roma. O período medieval estendeuse entre os séculos V e XV.

O reino visigodo de Toledo Despois da caída de Roma, os visigodos mantiveron as cidades dos romanos e estableceron a sede do seu reino en Toledo, ocupando case toda a península ibérica e unha parte do sur de Francia. O reino visigodo caracterizouse pola decadencia das cidades romanas, da economía, do comercio e da artesanía. En cambio adquiriron importancia o medio rural, a agricultura e a gandería.

Os  visigodos aplicaron as leis dos romanos e construíron pequenas igrexas de pedra de estilo  románico. Adoptaron como lingua o latín e como relixión o catolicismo. Algúns reis importantes foron  Recaredo,  Recesvinto e  Leovogildo.

O islam No século VII o profeta Mahoma comezou a predicar a doutrina do islam, que recoñecía un único deus,  Alá e cuxo libro sacro, o  Corán, recollía cinco preceptos relixiosos: a profesión de fe, a oración cinco veces ao día, o xaxún, a esmola e a peregrinación á Meca unha vez na vida. Tras a súa morte, os musulmáns practicaron a relixión do islam e partiron de Arabia ata a India e o norte de África expandindo o imperio islámico.

A conquista musulmá: Fin do reino  visigodo- Dous bandos  visigodos loitaban enfrontados entre si pola sucesión ao trono. Un deles pediu axuda ao musulmáns pero, o exército musulmán, procedente do norte de África, aproveitou para invadir o reino  visigodo. Os musulmáns derrotaron ao rei don Rodrigo na batalla de  Guadalete e acabaron co reino de Toledo. Tras esta vitoria, en pouco tempo, ocuparon case toda a Península e as Illas Baleares.

Os musulmáns chamaron ao territorio conquistado Al- Ándalus e aos seus habitantes andalusís. O seu capital foi o  emirato dependente de Córdoba, que obedecía ao califa de Damasco. Os califas eran os máximos líderes políticos e relixiosos. Cando o califa de Damasco e a súa familia foron asasinados, Abderramán I sobreviviu e fuxiu á Al-Ándalus, onde se proclamou emir independente en cuestións políticas, aínda que non en cuestións relixiosas.

Abderramán III puxo fin á obediencia relixiosa cara a Damasco, proclamouse califa e inaugurou o  califato de Córdoba. A partir de entón comezou unha época de esplendor cultural. Córdoba foi unha cidade moi grande e famosa.

 

Como se formaron os reinos cristiáns? – A Reconquista-

Os cristiáns que habitaban no norte da Península rebeláronse ante o dominio musulmán e conseguiron vencelos na batalla de Covadonga (ano 722). Pelayo foi un nobre cristián que fundou o reino de Asturias, o cal se expandiu formando outros reinos e condados. Comezou entón a Reconquista. A partir do século  XI, os reinos cristiáns conquistaron moitos territorios musulmáns e modificaron as súas propias fronteiras.

Cara ao ano 1200 os reinos cristiáns habían gañado bastante territorio na península. Os principais reinos eran o de Navarra, o de Aragón o de Portugal e o de Castela.

O final da Idade Media

A partir do século  XI Al-Ándalus dividiuse en pequenos reinos chamados  taifas e o  califato desapareceu. Estes reinos estaban enfrontados entre si e volvéronse máis débiles. Aproveitando a súa debilidade os reinos cristiáns uníronse para loitar contra os musulmáns. Os  almorávides e os  almohades viñeron desde o norte África para frear o avance cristián, pero en 1.212 tivo lugar a batalla das Navas de  Tolosa onde o exército cristián derrotou ás tropas musulmás. Tras esta batalla o rei Fernando III e despois Alfonso X conquistaron case todo Al-Ándalus.

Só quedou o reino  nazarí de Granada, que permaneceu ata que foi conquistado polos Reis Católicos no ano 1492.

Como eran as ciudades?

As cidades da Al-Ándalus estaban rodeadas por unha muralla que protexía a cidade. Na parte máis alta da cidade levantábase a  alcazaba, que era unha gran fortaleza militar. Alí refuxiábanse en época de guerra os habitantes da cidade e os campesiños dos arredores. O centro da cidade era a  medina, onde vivían os artesáns e comerciantes e cuxas rúas eran estreitas e  tortuosas. Nelas atopábanse os edificios máis importantes, como as mesquitas, que eran lugares de oración e estudo, e os baños. O  zoco era a praza de mercado e punto de reunión. As casas tiñan un ou dous pisos e estaban formadas por habitacións abertas a un patio interior. Nos arredores estendíanse os arrabaldes, que eran barrios nos que vivían persoas dunha mesma relixión ou que realizaban un mesmo oficio. Nas cidades traballaban moitos mercadores e artesáns. Os mercadores compraban teas, especias e outros produtos en países  Babuchas afastados e logo vendíanos no  zoco. de coiro Os artesáns elaboraban obxectos de coiro, metal, vidro ou cerámica.

A cultura, a arte e a arquitectura na Al-Ándalus

Na ciencia e a cultura musulmás destacaron importantes médicos), filósofos astrónomos e matemáticos. Tamén destacou a literatura andalusí, escrita en árabe. Construíron grandes e fabulosos edificios, aínda que utilizaron materiais pobres e pouco duradeiros, como o xeso e o ladrillo. Ornamentaban as paredes con moita decoración, para dar aparencia de gran riqueza. Utilizaron diferentes formas de arcos, como o de medio punto, o apuntado e o de ferradura. Entre as construcións da Al-Ándalus destacan a Alhambra de Granada e a Mesquita de Córdoba. A vida no campo A maior parte da poboación dedicábase á agricultura. Os campesiños vivían xunto aos campos de cultivo, en casas que tiñan moi poucas comodidades. Os musulmáns introduciron a agricultura de regadío con novos cultivos, como o arroz, o melón, a laranxa, a alcachofa, a berenxena, a cana de azucre e o algodón; e novas máquinas, como a nora, que permitía sacar auga dos pozos e dos ríos. A auga era levada ás terras mediante canles e acequias.


A vida nos reinos cristiáns - A cidade medieval (Século XII)

As cidades cristiás estaban rodeadas de murallas e, ás veces, por un foso para defenderse dos posibles ataques. Tiñan portas que se pechaban de noite. As súas rúas eran estreitas e as súas casas de madeira. Os edificios máis destacados eran a catedral que era a igrexa máis importante (aínda que tamén existían os mosteiros) e o castelo, que se atopaba na zona máis elevada da cidade. Alí vivía o rei ou os nobres. A praza do mercado era unha gran praza onde poñían os seus postos os campesiños e comerciantes. A cidade organizábase en barrios ou burgos e os seus habitantes eran os burgueses que eran os artesáns e os comerciantes. Os artesáns tiñan os seus talleres agrupados por oficios cada un nunha mesma rúa, formando distintos gremios: tecedores, carpinteiros, panadeiros… Dividíanse en tres categorías: mestres, oficiais e aprendices.

A sociedade medieval

A sociedade dividíase en dous estamentos: privilexiados (nobreza e clero) que non pagaban impostos e non privilexiados (campesiños, artesáns e comerciantes) que pagaban impostos. O rei estaba por encima de todos.

Os estamentos da sociedade medieval

A nobreza estaba formada por cabaleiros, que eran  vasallos do rei. Vivían nos castelos e posuían moitas terras e riquezas. A súa actividade principal era a guerra. O clero vivía nos mosteiros (abades, monxes e monxas) e nas igrexas (sacerdotes e bispos). Dedicábanse á relixión e á cultura. Os campesiños vivían nas aldeas, preto dos castelos. Cultivaban as terras dos nobres. Os artesáns e comerciantes vivían nas cidades, onde vendían ou intercambiaban os seus produtos nas prazas.

A arte nos reinos cristiáns

Na Idade Media construíronse edificios  románicos e góticos. Estas eran as súas características:

Edificios de arte  románico (séculos  XI E  XII): Eran de pouca altura. Os seus muros eran de pedra e grosos. Tiñan poucas e pequenas xanelas e o seu interior era escuro. As súas portas e xanelas tiñan arcos de medio punto ou  semicircunferencia. Utilizouse a bóveda de canón. As fachadas e columnas decorábanse con gravados e esculturas relixiosas.

Edificios de arte gótica A arte gótica era o estilo artístico dos séculos  XIII,  XIV e  XV: Os templos eran de gran altura. Os seus muros eran máis finos. Tiñan grandes xanelas e vidreiras de cores que iluminaban o interior. Nas fachadas colocábanse vidreiras circulares, chamadas  rosetones. Usáronse os arcos apuntados, cun vértice no centro e as bóvedas de  crucería. As fachadas decorábanse con numerosas esculturas e o interior con pinturas de temas relixiosos.

As tres culturas

Na Al- Ándalus existían os seguintes grupos na poboación:

Musulmáns, que eran o grupo máis poderoso.  Muladíes ou cristiáns que se converteron á relixión musulmá. Eran a maioría.  Mozárabes, que eran os cristiáns que seguiron practicando a súa relixión na Al-Ándalus. Xudeus, que eran unha minoría e vivían separados da poboación.

DESPOIS DE TANTO INVESTIGAR QUEDOU ASI O NOSO RESULTADO:



Ningún comentario:

Publicar un comentario

HÁBITOS DAS TENCOLOXÍAS DIXITAIS DO ALUMNADO DE PRIMARIA DO CEIP PLURILINGÜE JULIO GURRIARÁN

Como membro do equipo docente deseñei unha enquisa para saber os hábitos sobre o uso e coñecemento sobre as tecnoloxías dixitais entre o alu...