domingo, 14 de marzo de 2021

CONCERTOS DIDACTICOS

Os días 20 e 27 de febreiro tiñannos preparados unha actividade en familia, a que non sabedes que nos esperaba? Pois ben, era ver uns concertos didácticos sobre o Camiño de Santiago.

Un concerto didactico trata de involucrar aos nenos nunha experiencia musical inesquecible, onde se sementa unha semente de gusto pola música que poderá cultivarse durante toda a vida. Estes concertos vívense como viaxes a través do tempo mediante os estilos musicais e a súa evolución, neles os alumnos son guiados por músicos de gran nivel que utilizan pezas de música coidadosamente seleccionadas e de maneira interactiva e divertida van transmitindo o coñecemento, as notas, a harmonía, os sons que producen os seus instrumentos e o ensino de como todo en conxunto deixou unha pegada no mundo.

Estes concertos foron organizados pola cidade da cultura de Galicia e estaban dirixidos a todo tipo de público, por eso tamén participaron papa e mama. A traves destes concertos acercámonos de unha maneira lúdica a lírica medieval galego-portuguesa e a gaita de fol. Ambos concertos mostráronnos a influencia do Camiño de Santiago na nosa música, a traves de un percorrido no tempo e no espazo polas rutas xacobeas, da man da Soprano Esperanza Mara e dos músicos e artesáns Rosa Sanchez e Pablo Carpintero. Se vos parecen interesantes podedes acceder ao seguinte enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=M-NN3spOda8

 Todos participamos coas nosas familias e enviamos unha proba delo:



Ningún comentario:

Publicar un comentario

HÁBITOS DAS TENCOLOXÍAS DIXITAIS DO ALUMNADO DE PRIMARIA DO CEIP PLURILINGÜE JULIO GURRIARÁN

Como membro do equipo docente deseñei unha enquisa para saber os hábitos sobre o uso e coñecemento sobre as tecnoloxías dixitais entre o alu...