domingo, 14 de marzo de 2021

BUEN CAMINO JACOBO

 Querido diario, non sei si che contamos que despois do recreo temos un tempo de lectura silenciosa, pois ben, este curso propuxo o noso titor a lectura do libro “ Buen Camino Jacobo” o cal trata sobre Jacobo que é cidadán de  Canfranc. Desde que naceu criouse de forma  rolliza, así que sempre foi gordo, cousa normal ata que a súa tía, enfermeira militar, viuno con seis anos e diagnosticoulle a súa enfermidade:  gonfletes. Toda a familia se  apena por esa enfermidade descoñecida. A aseveración da tía Vitoria deixounos sen alento. Jacobo debería levar, desde xa, unha vida moi tranquila, sen sobresaltos, sen palpitacións, sen preocupacións, sen nada que o altere; por suposto, nada de correr, xogar ao fútbol e saltar. Jacobo, que non quería morrer novo, fixo caso da súa tía e en casa facía unha vida moi regalada. Puxérono a coidar vacas no campo e alí pasábase os días, soñando con outra vida, sobre todo cando vía pasar preto del ao peregrinos camiño de Santiago. Cando lle chegou a hora de facer o servizo militar, a mili, que moitos españois fixeron cando era obrigatoria, Jacobo decidiu que quería facela, pero a súa tía non permitiu que se incorporase a fila polas súas  gonfletes e volveu a casa  alicaído. Pero non estaba disposto a volver coas vacas sen antes saír un pouco do seu pobo, polo que decidiu saír de casa para facer o camiño ata Santiago de Compostela. Ninguén pensou que fose capaz de camiñar polo seu enorme volume, pero el saíu coma se fose pastar coas vacas. O primeiro treito fíxoselle eterno, sobre todo porque camiñaba con sandalias. Os pés tíñaos esnaquizados, pero quería facer polo menos unha xornada, para non volver ao seu pobo derrotado no primeiro quilómetro. O que Jacobo non sospeitou é que esa  cabezonería súa de querer andar un treito para poder volver airoso á súa casa, converteuse nunha longa viaxe que o fixo chegar ata a catedral de Santiago. Das súas aventuras, desventuras, cansazo, amizades, lugares, comidas e costumes que coñece ao longo do seu peregrinar queda constancia nas páxinas deste libro que ten duas partes: a primeira, breve, está dedicada ao personaxe; a segunda, moito máis extensa, é un diario do percorrido, onde se especifica o día e o roteiro seguido. Así que este mozo, que foi perdendo peso de forma gradual conforme avanzaba na súa camiñar, coñeceu persoas moi interesantes, lendas cargadas de misterio, comidas moi saborosas, e sobre todo, comprendeu que a vida é algo máis que coidar vacas e que o Camiño de Santiago é un lugar marabillosos para madurar e coñecer xente.



Ademais de lelo temos que completar unha serie de actividade de comprensión lectora observa que ben o facemos:







Ningún comentario:

Publicar un comentario

HÁBITOS DAS TENCOLOXÍAS DIXITAIS DO ALUMNADO DE PRIMARIA DO CEIP PLURILINGÜE JULIO GURRIARÁN

Como membro do equipo docente deseñei unha enquisa para saber os hábitos sobre o uso e coñecemento sobre as tecnoloxías dixitais entre o alu...