domingo, 14 de marzo de 2021

KAHOOT

 

Despois de facer un Genially pensamos en disfrutar de todo o aprendido plasmando a información en un Kahoot, que é unha plataforma que pretende ser unha fusión entre ferramenta de educación e xogos, que foi creada en 2013. O seu obxectivo é que os alumnos poidan aprender xogando, para o que vas poder crear unha serie de cuestionarios ou  kahoots con preguntas e respostas, enquisas e varios outros tipos de elementos. Unha vez creaches un Kahoot, que é un pack de preguntas coas súas respostas, podes compartilas co resto da clase e os teus amigos. Hai dúas maneiras de xogar, de forma individual ou en grupo, e podes darlle diferentes cantidades de puntos a cada resposta correcta para logo saber quen respondeu máis e mellor. Dependendo do tipo de pregunta que creases no teu cuestionario, vas poder engadir diferentes tipos de resposta, e durante o proceso de creación decidir cal é a correcta. As respostas poden ser por texto, pero tamén poderás engadir imaxes ou vídeos para facelo todo máis interactivo.

Deixamos o enlace do noso pasatempo:

https://create.kahoot.it/details/6d571e09-a0dd-43c1-821c-c3f7a1eecf09





Ningún comentario:

Publicar un comentario

HÁBITOS DAS TENCOLOXÍAS DIXITAIS DO ALUMNADO DE PRIMARIA DO CEIP PLURILINGÜE JULIO GURRIARÁN

Como membro do equipo docente deseñei unha enquisa para saber os hábitos sobre o uso e coñecemento sobre as tecnoloxías dixitais entre o alu...