domingo, 14 de marzo de 2021

OS RELATOS DA HISTORIA

 

Como ven sabes querido diario temos que avanzar pescudando no Camiño de Santiago, nestes intres o noso titor propuxonos investigar sobre os RELATOS DA HISTORIA  a actividade consistía en:

OS RELATOS DA HISTORIA

A historia é un relato que se escribe en gran medida a partir dos textos do pasado.

Hoxe imos xogar a que somos historiadores en busca de relatos, pero dunha maneira algo diferente: os nosos textos, as nosas fontes, non estarán en bibliotecas e arquivos, senón en internet, e o libro que imos escribir terá a forma dunha imaxe interactiva elaborada a partir de fotografías e textos buscadas na rede.

Os relatos que imos buscar contarannos a historia do Camiño de Santiago.

Para iso a clase dividirase en pequenos grupos. Cada un dos grupos disporá dun ou varios dispositivos conectados a internet, e buscará información e imaxes sobre o seguinte:

a) Grupo 1:

- Que é o Camiño de Santiago? Porque se fai?

- Cando se inicia o Camiño de Santiago?

- Que outro nome recibe o Camiño de Santiago?

- Cantos camiños hai?

- Porque se lle chama ao Camiño de Santiago o Camiño das Estrelas?

- Que relación ten o Camiño co xogo da Oca?

- Cando se producen os anos Xacobeos? Que acontecementos especiais ocorren estes anos?

b) Grupo 2:

- Quen foi Santiago, fillo de Zebedeo e Salomé?

- Como chegou o corpo de Santiago a Padrón?

- Quen foi a raíña Lupa?

- Quen foi Paio, Pelayo ou Pelagio, que viviu en tempos do rei Alfonso II O Casto? E un bispo chamado Teodomiro?

- Como foi o descubrimento da tumba do apóstol Santiago? Como se convertiu nun lugar de peregrinación?

- Quen foron Sancho III o Maior de Navarra e o Alfonso VIN de Castela?

- Quen foi Calixto II?

- Quen foi Elías Valiña?

- Que é un “Patrimonio Universal Humanidade”?

c) Grupo 3:

- Que son os peregrinos?

- A que clase social pertencían? Que sabedes da sociedade daquela época?

- Que vestimenta levaban na súa peregrinación?

- A que perigos se enfrontaban?

- Que tradicións cumplen os peregrinos ao final do Camiño de Santiago?

- Que podes dicir da vieira? (significado e porque todos os peregrinos se facían con unha).

- Que facían coa súa roupa cando remataban a peregrinación?

- Que é o Codex Calixtinus? Porque é tan importante para os peregrinos o seu Libro V?

- Que é a Credencial?

- Que é a Compostela? Que requisitos deben cumplir os peregrinos para que lle den a Compostela?

d) Grupo 4:

- Como eran as hospederías e quen se encargaba delas?

- Como eran os servizos destas hospederías?

- Que pasaba cando un peregrino falecía nunha destas hospederías?

- Que podes dicir das ordes militares que protexían aos peregrinos? Podes nomear algunhas?

- Quenes eran os Templarios? Nomea algúns monumentos que sexan de orixe templario e que se atopen nalgunha das rutas do Camiño.

e) Grupo 5:

- Cales son as principais rutas do Camiño de Santiago?

- Cal é a orixe do Camiño Francés?

- Por qué se lle chama a este camiño o Camiño dos camiños?

- Por qué comunidades autónomas e provincias transcorre?

- Cales son as principais etapas desta ruta de peregrinación?

- Cales son os principais monumentos que nos podemos atopar ao facer o Camiño Francés?

g) Grupo 6:

- Busca e explica os principais símbolos e señalización no Camiño.

f) Todos os grupos:

- Cada grupo escollerá dúas rutas e cubrirá unha ficha con datos relativos a esa ruta.

Debate na aula:

- De que ruta das analizadas con anterioridade emana o Camiño de Inverno?

g) Todos os grupos:

Todos os monumentos que vimos con anterioridade comparten unha serie de características…

- Pertencen todos a mesma etapa da historia?

- A que etapa da historia pertencen?

- Que sabes desa estapa da historia? (Principais características, etapas, economía, relixión, arte, literatura, música, entretemento, persoaxes…)

- Existen outras etapas da historia? Cales son?

- Que influencia ten o arte románico no Camino de Santiago?

- Cales son as principais características do arte románico en arquitectura, escultura e pintura?

- Cales son os principales monumentos románicos representativos do Camino de Santiago?

- Importancia de la Catedral de Santiago de Compostela. Características y elementos del monumento catedralicio.

Ademais do material bibliográfico que podes atopar na BiblioCamiño, podes acceder aos seguintes enlaces web para atopar información relacionada coas preguntas:

Nestas páinas poderedes atopar información sobre a orixe e historia do Camiño de Santiago. http://www.elcaminoasantiago.com/caminos/caminos.htm

http://www.gronze.com/camino-de-santiago/credencial-y-compostela.htm http://ntic.educacion.es/w3//recursos2/estudiantes/ocio/op_09.htm http://es.wikipedia.org/wiki/Codex_Calixtinus

http://www.arteguias.com/camino-santiago-sociedad.htm

Páxinas con información sobre as rutas do Camiño de Santiago

http://www.caminosantiago.org/cpperegrino/caminos/caminos.asp http://www.elcaminoasantiago.com/caminos/caminos.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada

Páxinas nas que poderedes obter información e datos sobre o Camiño Francés

http://www.gronze.com/camino-de-santiago/camino-frances/informacion- basica.htm

http://www.asantiagoporcastillayleon.es/secbach/index.php

Enlaces para consultar datos sobre o arte no Camiño de Santiago

http://www.asantiagoporcastillayleon.es/secbach/index.php http://webquestelcaminofrances.blogspot.com/2008/01/arquitectura-escultura- pintura-y.html

Outros enlaces web de interese:

http://www.escomolavidamisma.blogspot.com/

http://www.elcaminoasantiago.com/

http://www.elhuevodechocolate.com/camino/camino2.htm

http://blogs.compostelavirtual.com/caminodesantiago/

http://caminodesantiago.consumer.es

https://www.historiando.org/edad-media/

https://www.youtube.com/watch?v=0CfKXpyQTXo

https://laeduteca.blogspot.com/2014/02/monografico-recursos-para-trabajar-la.html

 

Pescudamos entre todos os grupos e fixemos unha ardua labor que quedou reflexada no Genially que se levou a cabo despois desta actividade. Observa a continuación a nosa labor:

 

 






 

Como xa mencionamos anteriormente a actividade final era un Genially, por si non sabedes que é, pois ben é un software para crear contidos interactivos. Permite crear imaxes, infografías, presentacións, microsites, catálogos, mapas, entre outros, os cales poden ser dotados con efectos interactivos e animacións.

Deixamos eiqui o enlace para que lle botedes unha ollada:

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

HÁBITOS DAS TENCOLOXÍAS DIXITAIS DO ALUMNADO DE PRIMARIA DO CEIP PLURILINGÜE JULIO GURRIARÁN

Como membro do equipo docente deseñei unha enquisa para saber os hábitos sobre o uso e coñecemento sobre as tecnoloxías dixitais entre o alu...