venres, 4 de xuño de 2021

CHARLA CAMIÑO DE INVERNO

Hoxe querido diario tiñamos unha super sorpresa preparado polos nosos mestres, as dez da maña arrincamos hacia a Casa da Cultura pois alí estaban  a esperarnos dous dos mais grandes da Comarca de Valdeorras, os cales eran Don Antonio Castro Voces, licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, na especialidade de Xeografía, Historia e Arte de Galicia, é autor de libros como "O Santuario de As Ermidas. Estudos histórico-artístico, económico, socio-relixioso e educativo 1624-1990", "Valdeorras a mediados do século XVIII a través do Catastro do Marqués da Enseada", "Vos viños de Valdeorras. Denominación de Orixe", "Segadores de Castela, escravos de sol a sol", "Guía turística da Rúa e Petín" ou "Valdeorras, cultura e viño". Varios foron publicados polo Instituto de Estudos Valdeorreses, colaborando tamén na difusión do Camiño de Inverno, do viño e da historia do ferrocarril na comarca.
Ademais de nos acompañar Don David Daniel Vázquez Àlvarez, Mestre de Educación Primaria, xubilado do noso colexio. Gañou o Premio de Poesía A Ouriceira, o premio de narrativa curta Orestes Rodríguez, premio Frei Martín Sarmiento e o Certame de Relato Curto José Saramago. En 2016 gañou o Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta coa obra Diario de Brian, o chinés. e escritor de obras como: 
  • O ruliño branco, 2005.
  • Orballo da mañá, 2006.
  • Na solaina, 2008.
  • Améndoas e flores silvestres, 2008.
  • Ninguén nace antetempo, 2010.
  • Destello ámbar, 2010.
  • Cafetería Alameda, 2013.
  • O aprendiz de druida, 2014.
  • Sempre en agosto, 2015.
Ademais de contar tamen coa presencia da Concelleira de Cultura Dona Margarida Pizcueta.
Cos nervios propios de unha saida e sin saber que nos iamos atopar, chegamos e sentamos cada un, nas cadeiras indicadas. Pasaron uns intres e fixose o silencio para dar paso as grandes historias que nos tiñan preparados estos dous grandes da nosa comarca. Entre un e outro tamén lles deu tempo a por o visionado de un video no cal reflectían as etapas do Camiño de Inverno, cos principais monumentos, igrexas ....
Despois de toda charla informativa e de obriga preguntar as dubidas as cales xurdiron por parte de varios compañeiros.
Pero esto non e todo, eles son os autores recentemente de un libro que versa sobre o Camiño de Inverno, por elo nos tiñan unha sorpresa un exemplar de regalo para o noso colexio, adicado con todo o seu agarimo, libro que leran os nosos profesores para entrar en materia no comezo do noso proxecto.  O libro e moi entretido e fai mencion unha historia de amor que narra as peripecias de Breixo e Fronilde, dous mozos namorados que queren casar a pesar de certa oposición familiar. En Santa María de Carracedo sucédenlles unha serie de acontecementos que trastornan de raíz as súas pretensións iniciais: entra nas súas vidas un recentemente nado, Rodolfo, fillo da enigmática Ingrid. Esta historia situanos en varias etapas do Camiño de Inverno.



Mira que atentiños estabamos todos e que ledos partimos do colexio:











Solo nos queda agradecer de todo corazón esta charla informativa, mil grazas Antonio e David que coa paciencia e agarimo ensinástesnos un pouquiño mais do noso Camiño.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

HÁBITOS DAS TENCOLOXÍAS DIXITAIS DO ALUMNADO DE PRIMARIA DO CEIP PLURILINGÜE JULIO GURRIARÁN

Como membro do equipo docente deseñei unha enquisa para saber os hábitos sobre o uso e coñecemento sobre as tecnoloxías dixitais entre o alu...