mércores, 9 de xuño de 2021

CHOLO E NELA NO CAMIÑO DE INVERNO

Os nosos queridos Cholo e Nela sorprenderonnos este curso con duas cancións adicadas o Camiño de Santiago, pero bueno non sabes quen son Cholo e Nela pois e unha convivencia de Educación Infantil nas terras ourensás nace a partir das inquedanzas dun colectivo de ensinantes que participaron nun curso de intercambio de experiencias en educación infantil e primaria, no CEFORE do Barco de Valdeorras. Nel coincidiron un grupo de mestres/as vinculados/as por unha serie de intereses comúns, no eido da educación infantil. Destes intereses cómpre salientar algúns, como a importancia da titoría e da temática transversal, a importancia da dinamización das relacións entre os distintos sectores da comunidade educativa e o concepto desta e, por suposto, a consideración do neno ou da nena de educación infantil, e as consideracións destes nos seus contornos de referencia.

Estes/as nenos/as partían de contornos diferentes, pero presentaban necesidades semellantes. Dentro dos seus colexios as situacións curriculares eran parecidas; de feito, todos trataban o magosto, ou todos celebraban dalgún xeito o Día das Letras Galegas. Neste sentido, o currículo reproducía en cada centro o contexto escolar, e todos presentaban necesidades máis ou menos comúns nas súas aulas.

A idea deste grupo comezou a tomar corpo dunha maneira espontánea. Ó principio, a idea de organizar unha convivencia xorde como unha experiencia dun mestre que formaba parte do grupo.

Esta actividade provén de Estremadura, en concreto de Zafra, Badaxoz. Tamén xurdiu ó redor do que era, naqueles momentos, un centro de profesores (CEP), que hoxe en día se converteu, ó igual que na nosa comunidade, nun centro de formación e recursos (Cefore). En Estremadura, a Convivencia desenvolveuse dende o curso 1993-1994. No curso 1994-1995 participaron uns 1.500 nenos/as de educación infantil, número que foi aumentando nas seguintes convivencias.

Aquí, no noso país, a Convivencia comeza a ser ideada en xaneiro do 1997, ano no que pensamos seriamente na posibilidade de contar e de organiza-la nosa propia Convivencia. A actividade de Badaxoz era do agrado de todo o mundo, e nós non queriamos reproducila, senón máis ben recreala no noso contorno do sueste ourensán.

Cholo e un globo e Nela e unha pinga de auga que baixan cada ano polo seu arco da vella, para deleite de todos os nenos de infantil, este ano percorren o Camiño.


Comezamos a escoitar as novas cantigas moi tranquilos pero a medida que ían sonando os acordes non puidemos resistirnos a bailar un pouco:








Deixamos os videos por sí te animas a escoitar e a bailar:













Ningún comentario:

Publicar un comentario

HÁBITOS DAS TENCOLOXÍAS DIXITAIS DO ALUMNADO DE PRIMARIA DO CEIP PLURILINGÜE JULIO GURRIARÁN

Como membro do equipo docente deseñei unha enquisa para saber os hábitos sobre o uso e coñecemento sobre as tecnoloxías dixitais entre o alu...