venres, 21 de maio de 2021

A CUNCHA DO PEREGRINO

Como non podía ser de outra maneira tiñamos que levar un símbolo dos peregrinos na nosa andadura polo Camiño de Inverno, ocorreusenos facer a cuncha do peregrino: 

A cuncha do peregrino é o símbolo máis representativo do Camiño de Santiago, a orixe desta cuncha remóntase a fai máis de mil anos e xunto a ela, existen diversidade de teorías que tentan relacionar este símbolo co Camiño de Santiago.

Sen saber como e desde hai anos a cuncha da vieira converteuse na cuncha peregrina, obxecto que se utilizaba para representar a culminación do Camiño de Santiago por parte dos peregrinos. Cando os peregrinos chegaban á cidade outorgábaselles nun pergamiño acreditativo e colocábaselles no chapeu a cuncha de vieira. Era a maneira que tiñan os peregrinos de demostrar que terminaran o Camiño e visitaran así a capital galega.

Desde o punto de vista relixioso, a cuncha relacionábase coas accións boas, dicíase que mentres o peregrino portase esta cuncha debía someterse aos mandamentos da relixión cristiá.

Doutra banda, outra teoría resalta que a cuncha de vieira simbolizaba a pata  palmeada dunha  oca. A  oca é o símbolo de moitas tradicións antigas do recoñecemento  iniciático.

Desde un punto de vista máis  transcendental, dise que a cuncha da vieira ten relación con  Venus, a deusa do amor. No cadro de  Botticelli podemos ver a  Venus representada encima dunha cuncha de vieira, simbolizando o renacer dunha persoa. Esta teoría está moi unida ao que din moitos peregrinos ao terminar o Camiño: “Cando terminas o Camiño es unha persoa nova, descóbresche a ti mesmo”.Desde un punto de vista máis  transcendental, dise que a cuncha da vieira ten relación con  Venus, a deusa do amor. No cadro de  Botticelli podemos ver a  Venus representada encima dunha cuncha de vieira, simbolizando o renacer dunha persoa. Esta teoría está moi unida ao que din moitos peregrinos ao terminar o Camiño: “Cando terminas o Camiño es unha persoa nova, descóbresche a ti mesmo”.

Non nos levou moito tempo decorar as nosas e verdade que cada un expresou a sua inquedanza polo debuxo de diferentes formas:





Ningún comentario:

Publicar un comentario

HÁBITOS DAS TENCOLOXÍAS DIXITAIS DO ALUMNADO DE PRIMARIA DO CEIP PLURILINGÜE JULIO GURRIARÁN

Como membro do equipo docente deseñei unha enquisa para saber os hábitos sobre o uso e coñecemento sobre as tecnoloxías dixitais entre o alu...