venres, 21 de maio de 2021

Preparo a Mochila para facer o Camiño

 Coa chegada do bo tempo por fin puidemos facer un traxecto do Camiño de Inverno que é o que pasa pola nosa zona pero para poder comezar a facelo tivemos que preparar a nosa mochila viaxeira.

Os nosos profesores explicaronnos que temos que levar na mochila no caso de facer unha ruta:

Que elementos teño que mirar?

O tempo e o percorrido

Equipaxe co que hai que contar

Calzado: É o punto máis delicado. É imprescindible levar un calzado apropiado.

Nas tendas de deportes pódese atopar o de trekking, o máis adecuado para as camiñadas. Debe usarse durante un par de meses antes de iniciar a viaxe.

Aqueles que estreen calzado ou que realicen o Camiño con calzado inapropiado poden acabar abandonando por culpa das molestias.

Pantalóns de media montaña: É importante que estean usados. Prácticos e cómodos. Usaranse para camiñar todos os días. Pode ser unha boa idea levar un impermeable para os pantalóns por se algún día a choiva fai acto de presenza.

Pantalón curto: No verán pódese empregar para durmir, para camiñar durante algún tramo os días de máis calor e, mesmo, para pegarse un mergullo en calquera das piscinas ou ríos que abundan ao longo do Camiño de Santiago.

Suadoiro ou xersei: Cómodo, que pese pouco. Prestará bo servizo os días máis fríos pero non hai que esquecer que haberá que cargar con ela nos días de máis calor.

Peso

Lembra que todo o que metas á túa mochila, as túas costas vai cargar. Cóidache, non penses que es de ferro e que podes cargar todo o que se che antolle.

A columna é o balance dos nosos corpos, se constantemente a  forzas facendo que cargue moito peso, vas magoar. A recomendación xeral, é que nunca debes cargar máis do 25% do teu propio peso. A porcentaxe ideal está entre 10% e 15%.

Así se por exemplo, pesas 60 quilos, non deberías cargar nas túas costas máis de 15.

Por regra xeral, o máis pesado da túa mochila debe de ir no centro e o máis pegado que se poida ás túas costas.

Entón que levar?

• Camisetas: A que leva posta máis outra de reposto.

• pinzas para secar a roupa: Poden chegar a ser moi útiles.

• Calcetíns sen costuras.

• Roupa interior.

•  Chanclas: Imprescindibles para empregar nas duchas dos albergues e para descansar os pés das longas camiñadas.

• Cepillo e pasta de dentes.

• Desodorizante.

• OPCIONAL, Saco de durmir: Se o Camiño realízase no inverno, convén acudir á cita cun bo saco de durmir especialista en soportar baixas temperaturas. Se o Camiño realízase no verán debería resultar suficiente cargar cun saco lixeiro.

•  Esterilla: Poida que nalgunha etapa toque durmir ao aire libre.

• Toalla especial: Nas tendas especializadas en deportes venden toallas de secado rápido. Ademais de non ser un produto moi caro, estas toallas apenas pesan, o que se agradecerá á hora de continuar a marcha.

• Vaselina: Aplicar unha pequena cantidade de vaselina nos pés antes de cada xornada axudará a evitar a aparición das sempre incómodas bochas.

• Deterxente para lavar a roupa.

• Protección solar: Imprescindible.

• Documentación: DNI, tarxeta sanitaria (no caso dos peregrinos estranxeiros, a tarxeta sanitaria europea) e bancaria. Tamén é conveniente andar sempre con algo de diñeiro en efectivo encima.

•  Chubasquero: Imprescindible para que non sorprenda un ballón de imprevisto.

• Teléfono móbil e cargador: Levar un teléfono móbil pode ser unha vantaxe ou un lastre. Hai camiñantes que se dedican a mirar para a pantalla do seu teléfono en lugar da as paisaxes que os rodean. Con todo, camiñar cun teléfono móbil pode ser de gran axuda no caso de que alguén se vexa inmerso nunha emerxencia.

• Credencial: O documento que acredita á persoa como peregrina. Imprescindible para durmir na gran maioría dos albergues. Nalgúns locais é necesario mostrala para beneficiarse dos descontos para peregrinos.

• Navalla.

• Bastón, bastóns ou  bordón: Cada vez son máis os peregrinos que camiñan con este tipo de axuda. Nos últimos anos os bastóns especiais para camiñar están a restar protagonismo ao tradicional  bordón.

• Chapeu: Pode ser dunha gran axuda nos meses de verán.

• Tapóns para os oídos: Nunca se sabe o veciño que lle pode tocar a un nun albergue. O descanso é moi importante.

• Bañador: Moi recomendable os meses de verán.

• Pequena lanterna: A máis recomendable é a de estilo mineiro, que aluma desde a fronte grazas a unha cinta elástica que se coloca ao redor da cabeza. Deste xeito, o peregrino poderá dispoñer das dúas mans mentres a utilice. Algún día pode salvar ao peregrino dun apuro. Convén empregala no exterior cando se emprenda a marcha a horas moi temperás.

• Caixa de primeiros auxilios.

•  Cantimplora ou botella de auga. É imprescindible. No verán é boa idea utilizar un cinto de  hidratación con dous botellos de plástico.

Despois de saber todo de mirar o percorrido e o tempo xa estabamos preparados para preparar a nosa mochila para facer un pequeno traxecto do camiño.







Ningún comentario:

Publicar un comentario

HÁBITOS DAS TENCOLOXÍAS DIXITAIS DO ALUMNADO DE PRIMARIA DO CEIP PLURILINGÜE JULIO GURRIARÁN

Como membro do equipo docente deseñei unha enquisa para saber os hábitos sobre o uso e coñecemento sobre as tecnoloxías dixitais entre o alu...