Como este ano é ano Xacobeo tivemos a dubida de cantas mascotas houbo na historia do Xacobeo Galego, a nosa labor foi unha pequena investigación e logo de saber como foron tanto as mascotas como os logotipos do Xacobeo pois tivemos que crear a Nosa Mascota Xacobea.
Comezamos por saber que é un Logotipo e unha Mascota.
LOGOTIPO é un símbolo formado por imaxes ou letras que
serve para identificar unha empresa, marca, institución ou sociedade e as cousas
que teñen relación con elas.
MASCOTA e unha persoa, animal ou cousa aos cales se
atribúen virtudes para afastar desgraza sou atraer a boa sorte. OU Figura que se
utiliza como símbolo dun acontecemento público importante. Por exemplo: "a
mascota dos Xogos Olímpicos"
MASCOTAS DO CAMIÑO DE
SANTIAGO
1993 é un ano moi
importante para o Camiño de Santiago. Supuxo o renacer das peregrinacións a
Santiago, que empezaron a cobrar forza desde finais dos 70, e o recoñecemento
universal do Roteiro Xacobeo.
Coincidindo coa
celebración dun novo Ano Santo Compostelán –que non se celebraba facía 11 anos-,
1993 trouxo a declaración de Patrimonio da Humanidade para o Camiño Francés e a
creación por parte do Goberno galego do primeiro plan de promoción internacional
e de dinamización cultural e turística do Camiño de Santiago. O que
hoxe coñecemos como Xacobeo.
Todo ese vórtice
xacobeo necesitaba dun símbolo. A frecha amarela comezaba a popularizarse e no
imaxinario colectivo pesaban elementos tradicionais como o bordónou a tradicional cabaza. Pero o que
hoxe se coñece como o primeiro Ano Santo Compostelán moderno tería a súa propia
icona.
Así naceu Pelegrín, a
mascota do Xacobeo 1993. A súa popularidade foi mundial. E o seu éxito superou
todas as expectativas.
Trazos sinxelos, cores
rotundas (azul, vermello, branco e amarelo) e dous complementos insubstituíbles:
o bordón e a cabaza. Estas foron as
claves do Pelegrín. O deseñador galego
Luís Carballo foi o pai da mítica mascota, na que quixo condensar a figura do
peregrino tradicional cun toque de ilusión e modernidade.
O seu creador apunta
ao nome como parte do seu éxito. Ademais de remitir inmediatamente á idea dun
peregrino, o termo é reconocible en moitos idiomas.
Presentación
na Expo 92
Pelegrín presentouse nun
escenario único: a Exposición Universal de Sevilla de 1992. Aí compartiu
protagonismo con outra das mascotas da época: Curro, un alegre paxaro que
destacaba pola súa gran crista e pico coas cores do arco da vella.
Ese ano aínda nos
deixaría outra mascota icónica para a
historia máis recente de España: Cobi, o
can de estilo cubista deseñado por Mariscal para as Olimpíadas de Barcelona 92.
A imaxe do Pelegrín estivo ligada ao Xacobeo ata 1999.
Nese ano, o simpático peregrino foi substituído por unha imaxe circular formada
pola silueta de catro cunchas de vieira sobre fondo granate.
Esta imaxe é a que permaneceu ao
longo dos diferentes Anos Santos, evolucionando ata o logotipo actual, máis
moderno e estilizado pero que conserva a
tradicional cuncha de vieira e as cores branco e granate.
O Xacobeo nunca volveu
a ter mascota oficial. E desde logo non tan carismática como o Pelegrín. No marco do Xacobeo 2010 tentouse
coa aparición de Xubi.
Neste caso, a idea non
partiu da Administración galega senón da igrexa. Concretamente da
Fundación AdSanctumIacobumPeregrinatio,
organización dedicada á atención e acollida de peregrinos que puxo en marcha
varios albergues coapoio da Xunta.
Xubi naceu da mente do
tamén deseñador galego Alberte Permuy, quen apostou por fusionar o bastón e a
cabaza nesta simpática mascota de tons verdes e
azulados.
A súa vocación era
converterse no novo Pelegrín e a súa imaxe apareceu en contos, gorras, camisetas,
xogos, cadernos de viaxe… Mesmo chegou a ter unha canle de televisión propio na
internet, no que os peregrinos podían percorrer virtualmente o Camiño de
Santiago ata a Catedral.
A
IMAXE CORPORATIVA DO XACOBEO DENDE 1993
Desde o Pelegrín, do Ano Santo de 1993, ata a
actualidade, trazamos un percorrido
iconográfico a través da imaxe corporativa da S. a. de Xestión
do Plan Xacobeo
O Ano Santo de 1993 foi
o primeiro “Xacobeo” moderno, organizado pola S. a. de Xestión
do Plan Xacobeodous anos despois da creación deste organismo. A mascota
oficial, obra do deseñador Luís Carballo, foielPelegrín. Carballo taménfoi o
autor do logotipo oficial. Tanto o
Pelegrín como o logotipo de 1993 inclúen a representación do peregrino
portando os tradicionais bordón e
cabaza.
Logotipo do Xacobeo 1993
Pelegrín, mascota oficial do Xacobeo 93
Logotipo do Xacobeo 99
Logotipo do Xacobeo 2004
Imaxen do Xacobeo durante os años 2006 a
2009
Logotipo do Xacobeo 2010
Logotipo do Xacobeo
2021
O Pelegrín, en 1993, foi a imaxe do primeiro
“Xacobeo” moderno, organizado pola S. a. de
Xestión do Plan Xacobeo.
A imaxe dos seguintes
anos santos (1999, 2004 e 2010) é obra do deseñadorAlbertePermuy, que
partiudunha representación máis abstracta doutro dos grandes símbolos do Camiño
de Santiago: a vieira.
Por outra banda, en
2014, o artista Antón Lamazares deseñou a imaxe do VIII centenario da
peregrinación de san Francisco a
Santiago. Creada nunha peza de cartón, representa a austeridade franciscana e
está escrita co ‘alfabeto Delfín’, ideado polo propio artista.







Ningún comentario:
Publicar un comentario